Los ganaderos del SAT San Miguel se sienten seguros en Ucoga

Ter un bo seguro resulta algo fundamental, e máis aínda cando se trata dunha explotación de grandes dimensións. Para evitar sustos innecesarios, os especialistas recomendan contratar un seguro con amplas coberturas e avalado por profesionais. A corretaxe de seguros UCOGA, especializados no ámbito rural, adáptase ás necesidades do cliente, ofrecendo un apoio eficaz e garantindo sempre o aforro.

A explotación gandeira SAT San Miguel, situada en Palas de Rei, na parroquia de Berbetouros (Lugo), dedícase á produción de leite de vaca. Para facernos unha idea das súas necesidades, contan con 450 cabezas de gando (225 en muxidura e o resto xovencas) 2.200.000 kg de leite en produción anual e unha extensión de 100 ha, entre fincas propias e en aluguer. Dispoñen tamén de cinco naves; unha delas adicada a vacas secas e xovencas, outra á muxidura, a terceira destinada a vacas en tratamento, recén paridas e en recría, máis dous almacéns para maquinaria, entre a que contan con tres tractores e unha máquina teñescópica. Tamén dispoñen dunha zona para os becerros e unha nave con amamantadora para recria de ultima tecnoloxía.



Nada en 1998, está constituída por cinco socios -máis un obreiro empregado- que optaron por esta forma de asociacio- nismo agrario (Sociedade Agraria de Transformación, SAT). Tamén se asociaron con outras dúas SATs da zona para facer unha CUMA (Cooperativas Utilización Maquinaria Agrícola) entre as tres, e custear o carro mesturador, de gran contía. Carlos Dablanca, un dos seus socios fundadores, cóntanos a importancia de elixir ben o seguro para cubrir toda a maquinaria. “Hai máquinas que teño a terceiros, e outras a todo risco, xa que é preferible. Cando fas un gasto tan grande hai que cubrirse as costas”. Carlos relátanos a súa experiencia no tema dos seguros, que recentemente contratou con UCOGA. Ademais do prezo, que resulta moi competitivo, os socios de SAT San Miguel valoran a profesionalidade do servizo e o asesoramento ofrecido.

“Contratar un seguro especializado, con persoas formadas e que coñecen a fondo a actividade agraria, sempre resulta a mellor das opcións” cóntanos o socio da SAT, que destaca a importancia de poñerse nas mans de alguén de confianza. Coñeceron UCOGA por medio de AGACA, con quen levan traballando máis de quince anos. Non dubidaron en cambiarse, non só polas vantaxes económicas, aseguran, senón polo trato coas persoas, algo impor- tante e que non pode esquecerse.
“No tema dos seguros hai que andar con ollo”, advirte Carlos. “Moitas veces poden ofertarche un que, aparentemente, supón un grande aforro, e logo resulta que non estás cuberto apenas en nada. Cómpre ler a letra pequena para evitar sustos.

Coberturas adaptadas ás necesidades
UCOGA conta coa experiencia e o coñe- cemento do ámbito rural e agrogandeiro, o que supón un plus engadido. Dan servizo a todo o medio rural e saben de primeira man a situación dos agricultores e gandeiros. Isto permite que poidan ofrecerlles un bo asesoramento, pero tamén con prezos altamente competitivos. “No noso caso, UCOGA xestionounos a póliza da maquinaria, que inclúe danos adi- cionais que paga a pena saber. Ademais, é importante a cobertura de Responsabilidade Civil de traballos no Seguro de Tractor, que é voluntaria e ten un custo moi baixo, pero protexe no desenvolvemento dos labores agrícolas,”.

O clima en Galicia pode ser adverso e causar danos na explotación. Así foi no caso de SAT San Miguel. Ao mes de contratar os servizos de UCOGA, unha forte tormenta provocou problemas nas instalacións, causando danos en varias naves e fallos eléctricos. “Non tivemos ningún problema. Compréndese que, nestes casos, os trámites son lentos, pero sempre responderon moi satisfactoriamente, un servizo que podería cualificar de profesional e efectivo».

UCOGA é consciente da importancia de xestionar ben un sinistro, evitando atrasos e incomodidades, o que se traduciría nunha perda de diñeiro para o particular. Por iso, inclúe a posibilidade de mediación directa coa compañía aseguradora para que o afectado continúe a súa actividade sen preocuparse por nada.

Ofrecen os seus servizos en Galicia, Asturias e Cantabria dende as súas oficinas propias, as instaladas nas cooperativas e en AGACA. Tamén é posible contactar no teléfono 981 935 004, no correo electrónico info@ucoga.es ou ben a través da súa páxina web, www.ucoga.es

ver pdf adjunto